Pontenciencia

¿Que é?

Pontenciencia: Feira da Miniciencia é unha feira de proxectos de investigación escolar aberta ao público.
Pontenciencia celebrarase no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e estará composta por:

  • Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
  • Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia.
  • Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.

As modalidades de participación dos alumnos/as dos CEIP/CEP do concello de Pontevedra son Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia.

Exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares.

Farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores.

Participantes/ Colaboradores

  • Colexios de Educación Infantil e Primaria do concello de Pontevedra
  • Universidade de Vigo
  • FANPA Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra
  • CIFP Carlos Oroza
  • Misión Biolóxica de galicia- CSIC

Patrocinadores

  • Concello de Pontevedra
  • Fundación Española de Ciencia y Tecnología FECYT
  • Ministerio de Economía e Competitividade

Organización

  • Servizo de Educación do Concello de Pontevedra

Asistencia científica e de xestión

  • Equilátero Desenvolvemento Sostible Consultores

Data, lugar e programa

  • Venres 2 e Sábado 3 de xuño de 2017.