Ciencia no cole

¿Que é?

É a categoría de participación dos colexios de educación infantil e/ou primaria do concello de Pontevedra en Pontenciencia: Feira da Miniciencia.

¿Como participar?

  1. Inscrición previa en Pontenciencia: realizarase a inscrición previa á feira Pontenciencia: Feira da Miniciencia de acordo coas bases de participación en Pontenciencia. Os participantes remitirán cuberta, a ficha de inscrición previa para Pontenciencia, Ciencia no Cole ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra. A ficha de inscrición previa está á disposición dos participantes na oficina do Servizo de Educación do Concello de Pontevedra e tamén pode descargarse premendo na seguinte ligazón: Ficha de inscrición previa a Pontenciencia, Ciencia no Cole.
    Data: Xaneiro- febreiro 2017
  2. Obradoiro de métodos de investigación: recibirase no propio centro  obradoiros formativos (un ou varios) sobre métodos de investigación aplicables á presentación dun proxecto de investigación en Pontenciencia.
    Data: Xaneiro- febreiro 2017
  3. Proxectos de Ciencia no Cole: os centros poderán participar cos seus proxectos de investigación, seleccionándoos entre as propostas elaboradas polos comités científicos universitarios ou ben de modo libre con temáticas propias, mais sempre axustándose ao indicado nas bases. Cada centro de ensino participará cos alumnos e coas alumnas de 6º de primaria que considere e disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar ata 4 proxectos de investigación. Propostas dos comités científicos.
    Data: Xaneiro 2017 – abril 2017
  4. Inscrición definitiva en Pontenciencia e concurso: realizarase a inscrición definitiva en Pontenciencia: Feira da Miniciencia de acordo coas bases de participación en Pontenciencia. Os participantes remitirán cuberta a ficha de inscrición definitiva en Pontenciencia, Ciencia no Cole ao Servizo de Educación do Concello de Pontevedra. A ficha de inscrición definitiva está á disposición dos participantes na oficina do Servizo de Educación do Concello de Pontevedra e tamén pode descargarse premendo na seguinte ligazón: Ficha de inscrición definitiva en Pontenciencia, Ciencia no Cole. Concurso Pontenciencia.Nesta ficha de inscrición haberá a opción de que os proxectos presentados poidan participar na fase de Concurso Pontenciencia. Tamén haberá que entregar un resumo de cada un dos proxectos realizados para que poida saberse coa antelación suficiente os proxectos que participarán en Pontenciencia e sexan coñecidos polo xurado do concurso. Resumo do proxecto presentado Listaxe de participantes.
    Data: abril 2017
  5. Organización da presentación en Pontenciencia: unha vez inscritos haberá que organizar os proxectos para a presentación na feira. Cada centro de ensino disporá dunha caseta expositora onde poderá presentar ata 4 proxectos de investigación. As condicións de exposición dos proxectos realizados realizaranse de acordo coas bases de participación en Pontenciencia.
    Data: 2- 27 maio 2017

Participantes

Os participantes nesta edición son alumnos de 5º- 6º de primaria dos seguintes centros:

  • CEIP Príncipe Felipe
  • CEIP San Martiño
  • CEIP Froebel
  • CEP Marcos da Portela
  • CEIP Ponte Sampaio
  • CEIP San Benito de Lérez
  • CEIP Santo André de Xeve
  • CEE Príncipe Felipe

Ver Galería de fotos